Esta páxina súmase a esa denuncia.

Os ríos galegos están abandonados a súa sorte.

¡Non hai dereito!

Encoros e minicentrais non. ¡¡ Xa está ben de non cumprir a lei !!

  Volver.

   http://sloren.galeon.com

Noticias de Noviembro do 2004

REUNIÓN DO COMITÉ GALEGO DE PESCA FLUVIAL
A FEG denuncia a desidia da Xunta na conservación dos ríos

[15/11/2004 20:36] A Federación Ecoloxista Galega (FEG) denuncia que o único interese que ten a Xunta pola conservación dos ríos é a de espremer até a última pinga dos seus recursos, ben coa política de concesión desmesurada de aproveitamentos hidroeléctricos, ben coa planificación da xestión das especies piscícolas, enfocada unicamente a manter un cupo elevado de capturas, aínda que sexa á custa de levar aos límites da extinción as poboacións salvaxes de varias especies, particularmente o salmón e a troita. O único que se fai por estas poboacións é mantelas de xeito artificial por medio de sucesivas repoboacións con alevíns.



As repoboacións non garanten a calidade sanitaria mínima, segundo científicos, pescadores e grupos ecoloxistas, para manter uns niveis aceptables de capturas.

A FEG recordou no Comité Galego de Pesca Fluvial (órgano consultivo no que están representadas a Administración e as asociacións de pescadores e de defensa ambiental) que hai catro anos no propio Comité puxérase a consulta un borrador dun Plano de Ordenación dos Recursos Piscícolas, que finalmente non se puxo en funcionamento, sen ofrecer a Consellería de Medio Ambiente ningún tipo de explicación e unicamente indicando que se estaba a facer un novo.

 

Minicentral de Pontelinares en Ourense.

Para a FEG resulta preocupante que a estas alturas, e após 12 anos de vixencia da Lei de Pesca fluvial, aínda non exista un Plan para tentar atallar os problemas que afectan aos ecosistemas fluviais, como a contaminación agrícola, a destrución dos hábitats (encoros, canalización...) ou a alta presión pesqueira que soportan. Mentres, estase a aproveitar para destruír de forma irremediábel os nosos ríos.

Na reunión do Comité Galego de Pesca Fluvial celebrada a semana pasada os representantes da Consellería de Medio Ambiente non quixeron dar resposta a diversas denuncias formuladas desde a FEG: irregularidades na xestión do salmón no río Ulla, co incremento de obstáculos para o remonte no lugar da súa eliminación e a falta de vixilancia e guiado das capturas; mantemento de cupos de captura de salmón moi por riba das recomendacións dos informes técnicos; procedementos irregulares en diferentes actuacións no río Tambre; abandono de instalacións de escalas como a de Frieira; a venda en lonxas de pesca marítima de baixura de Galicia de salmóns e de reos, malia a prohibición da Lei de Pesca Fluvial.

Minicentral do Deva en Ourense.

A Consellería de Medio Ambiente evitou responder, esgrimindo que a situación é de completa normalidade e que o contido das denuncias é falso. O representante da FEG argumentou que mesmo os propios técnicos da Xunta e a gardería recoñecen a existencia da xestión caótica e irregular e que o silencio ou as respostas ofrecidas pola Consellería non fan máis que incrementar as dúbidas.

  Volver.