As xornadas en Santiago para salvar os ríos galegos, todo un éxito.

¡Agora a traballar e defender os ríos galegos!

En Galicia, febreiro do 2006, os ríos cada vez están peor.

Non hai conciencia de que os ríos teñen que mellorar en tódolos aspectos.

Xa está ben. ¡Fagamos algo xa!.

¡Este é o momento!

Poño algúns dos últimos desastres nos ríos galegos.

salir.jpg (1925 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMOS DESASTRES NOS RÍOS GALEGOS

(Soio o mes de xaneiro-febreiro)

Río Barbaña. Ourense.

Aguas fecais o río Miño a tope. Xaneiro do 2006

A depuradora de Ourense non depura. As augas fecais saen o río como entran.

Moito arranxar as beiras do río, esatán sensacionais, pero o importante que é o río, un auténtico desastre.

En moitos lugares as augas van directamente o río, sin depurar.

Esto ocurre día si e día tamén.

Carpas mortas no río Miño. (esta fotografía é anterior a decembro do 2005)

Suma e sigue.

Esto pasa tódolos días.

E o que non se entera un...

A depuradora de Verín non marcha, seica hai problemas de pluviais e o río Támega cada día peor...

É un exemplo que podemos extrapolar a toda a provincia: ou as depuradoras non existen (na maioría dos casos) o si existen están absoletas (como a de Ourense, Verín, Xinzo, etc) ou chámanlle depuradoras e son simplemente decantadoras de sólidos...pero a merda vai o río.

Según as miñas noticias:

As obras da Minicentral da Merca están a desfacer un tramo de río marabilloso do río Arnoia.

 

Ver máis sobre esta minicentral.

E suma e sigue...

As augas do río Avia discurrían de forma turbia e con manchas verdosas o seu paso por Ribadavia ná mañán de onte... Este feito detectado por Protección Civil e polo Concello, foi transmitido ó Servicio de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil. Ó parecer o vertido non viña do término municipal de Ribadavia.

E suma e sigue...

Xa foron paradas polo actual goberno da Xunta (febreiro do 2006) 41 minicentrais en Galicia.

Están pendientes, o goberno anterior do P.P. hipotecou totalmente os ríos galegos, 38 concesións máis e 49 encoros, unha auténtica desfeita.

Ver este link co resume dos ríos e minicentrais.

Están desfacendo o río Ulla, o que ven é a "minicentral" de Brandariz, un auténtico salto de auga que xa esta feita, por debaixo de Portodemouros. Unha salvaxada. Tamén a minicentral de Touro, outra animalada...

¿Cando se vai parar de facer estas salvaxadas cós nosos ríos?

Ver fotografías das salvaxadas no río Ulla: Brandariz  e Touro.

En relación coas minicentrais agora vaise descubrindo que o "diñeiro chama a diñeiro", e ata a  familia de Paco Vázquez, Alcalde da Coruña e membro do PSOE está metida na movida da explotación dos ríos galegos. Neste caso a Hidroeléctrica chámase nada menos que Hidroeléctrica del Arnoya e ten minicentrais nos ríos Xallas, Corzán e Barcés.

Tamén José Luis Castro Valdivia que é cuñado de Justo de Benito Basanta, o
último Presidente de Aguas de Galicia baixo o Partido Popular. Aguas de
Galicia é o organismo público da Xunta que otorga as concesións. Pois ben este señor ten nada menos que 20 empresas hidroelécticas. ¡Non me extraña!

Está páxina sempre tuvo claro que o negocio dos ríos galegos era eso: un negocio onde o único que se miraba era o diñeiro e o de menos os ríos galegos. Agora descubren que no negocio están dende Paco Vázquez e familia e xente do PSOE ata Valdivia do P.P.

O diario A Razón da Coruña trata estos días a trama da mafia das minicentrais en Galicia.

Ver un resumen do caso.

O P.P. da anterior Xunta concedeu minicentrales (agora fálase de 71)  a mansalva de forma gratuita.

Esta páxina considera, á vista dos datos, que se deberan abrir investigacións e depurar responsabilidades. Esto é un auténtico desastre.  Unha auténtica mafia.

Os ríos galegos vendidos o mellor postor e de forma gratuita. ¡O que xa sabíamos!.

           

O río Miño sigue cheo de aceite a altura da Chavasqueira, comprobado persoalmente o día 17/02/2006. Baixou o río e as pedras están cheas de aceite ou gasoil ou grasa impresentable.

Pulsar no medio das fotografías para poder velas a toda pantalla.

Estos feitos fai máis de cinco anos que foron denunciados polo que escribe.

Nin caso.

De Peares para abaixo, pero especialmente en Ourense os cantos rodados presentan ese aspecto lamentable.

O anterior son grandes exemplos do que está pasando cós ríos en Galicia.

¡Defendamos os nosos ríos xa!

O perderémolos para sempre...

salir.jpg (1925 bytes) Saír