A   CIUDADE DE OURENSE

O río Miño Ourensán

(Un texto e fotografía de  Enrique Touriño, Juan Marcet e María Alvárez-Blánquez que son os que figuran como firmantes no calendario de Cementos Cosmos do ano 2005 dedicados os ríos galegos. No mes de maio trae esta sensacional fotografía de Ourense e o río Miño).

"Dende uns quilómetros antes da cidade de Ourense ata despois de Ribadavia, o río Miño presenta unhas singulares condicións morfolóxicas que configuran unha das comarcas máis fermosas de Galicia: O Ribeiro.

O Miño, enriquecido polo Sil, recibe en Ourense os caudais do Loña e o Barbaña. Os romanos atoparon aquí o lugar ideal para asentar a capital das terras do ouro. Asentáronse nas beiras do Miño e, polo ano 100 da nosa era, construíron unha ponte para poñer en comunicación as cidades de Bracara Augusta (actual Braga) e Lucus Augusti (Lugo) pola xa trazada Vía III. Esta ponte romana, que aínda hoxe podemos contemplar, é a de factura máis espectacular de cantas se conservan en Galicia desta época.

Foi reconstruida en 1228 polo bispo D. Lorenzo para facer máis o paso dos peregrinos a Santiago. Reparada posteriormente en numerosas ocasións, mide 370 metros de longo e 5 metros de ancho. O seu arco central é o de maior luz e un os máis fermosos de todo o Imperio Romano.

Hoxe son oito as pontes que adornan o tramo ourensán do río Miño e cada unha delas pertenece a unha época e a un estilo diferente de maneira que son unha mostra da evolución histórica da cidade de Ourense.

O nome de Ourense pode derivar do xermánico Wurm See (lago quente), do Ors Ens (auga quente) dos celtas ou, quizaís o máis probable, do romano Auria (cidade do ouro ou lugar luminoso). Do que no hai dúbida ñe de que Ourense foi cidade moi importante para os romanos que viron no río, nas fontes quetes e no ouro os ingredientes necesarios para levantar o que sería o centro urbano máis importante da bisbarra cunha área de influencia comercial e administrativa que excede, nalgúns casos, a provincia."

Nota: como ourensán é preciso aclarar algunhas cousas. En Ourense temos realmente seis pontes: o novísimo, o do milenio, a ponte romana, a ponte nova,  o viaducto do tren, e a ponte da estrada de Monforte. Na fotografía vese, entre a ponte romana e a ponte nova de ferro unha pontilla ou pasarela entre o barrio da Ponte e o Centro Comercial, pasarela que é eso e pouco máis.  Tamén na zona de arriba da fotografía está o encoro de Velle que aporta un paso, pero non é unha ponte. Hoxe en maio do 2005 estase a facer unha pasarela en Reza.

Os oito pontes polo tanto deixarémoslo para dentro dun seculo ou máis...

O resto do texto é correcto.

Salir.