| Aquagest envelena no
río Arenteiro 6 km. de río: morren 50.000 troitas. 31-10-1997 O Arenteiro , un río moi bon fai uns anos ( xa bastantes dado que hoxe é un río con moi pouca troita autóctona, xa que a que hai procede de repoboacións), sofre unha agresión terrible con sosa, non é a primeira, case que tódolos anos a sufre ( os vertidos son continuos e non paran, os envelenamentos son normais ), e provocan a desaparición da riqueza piscícola, troitas na súa maioría, en cinco km., xunto á fermosa cidade do Carballiño. Conta o xornal La Región, que desta agresión tardará 6 anos en recuperarse ( é unha coña de Medio Ambiente ), En total calcúlanse unhas 50 mil troitas mortas. Na foto vese como enterran as troitas. |
|
|
|
Unha imaxe para
chorar. Ourense Natural. ( É coña.) As imáxenes son do dia 01-11-97. Última hora (18-2-98): solta de troitas no tramo afectado. A mediados de 1998 foi envelenado outra vez. Non paran. Aquagest, seica a empresa responsable do envelenamento porase dacordo cós pescadores do Carballiño. Veremos en qué queda o acordo. ( De momento en novembre do 2000 nada de nada). |
Así enterraron as troitas.
Así quedou o río. |
Datos técnicos do envelenamento: Causa: vertidos de sosa. 2.200 kg. foron polo río abaixo. Autor: Aquagest ( o que suministra a auga a Ourense) Tramo afectado: 6 km. Tempo de recuperación : dicen que seis anos, a verdade é que dudo de que se recupere salvo que se apliquen medidas científicas, que non se fará. Población de troitas: sobre 50.000 Pérdidas: 123 millóns de pts. Reclamacións actuais ( 20-05-99) : 183 millóns. Estado actual: a Xuez ve indicios de delito ( menos mal......). Última hora: 29-11-2000 no hai nada de nada, o director de Aquagest declara por terceira vez, fálase de quenes eran os técnicos e operarios da depuradora. En fin unha vergoña auténtica.... Neste país as cousas de medio ambiente funcionan así de mal. Os pescadores do Carballiño están á espera de que o fiscal presente a súa calificación. Vergonzoso.
|
|
|
Final do proceso cós pescadores 22-06-2002: quedou 26 millóns, diñeiro que pagou Aquagest ós pescadores do Carballiño e diñeiro que estos invertirán en faver unha sede social una sede social, unha escola de pesca e arreglar un pouco o río. Realmente penoso e bochornoso. Vivir para ver. ¡Que pouco vale un río en Galicia! Como pescador de troitas síntote roubado e soio me queda a pataleta e decir: ¡¡Camiñante cuspe aquí, non hai direito!!. Paradoxa: envelenar un río e a cambio facer unha escola de pesca. Realmente hai cousas sin sentido. Última hora 01-07-2002: A Xunta seguirá adiante, pese a que os pescadores xa cobraron os 26 millóns e retirarán as demandas. A Xunta pide 62 millóns de pts. a maiores e responsabilidades e multas a varias persoas responsables de Aquagest. Última hora 13/01/2005: inhabilitación dun funcionario de Aquagest, cunha multa de risa e 198.0934 € para os pescadores e a promesa de obras de infraestructura. A verdade unha vergoña total... E o río Arenteiro medio morto... Nota de Xaneiro do 2005: O parecer pescaronse 25 troitas autóctonas na parte alta e estanse a producir 500 alevíns destas troitas para repoboacións deste tramo. O tramo inda está moi afectado...
|