PEQUENOS RÍOS DA PROVINCIA DE OURENSE
Existen moitos ríos na Provincia de Ourense, centos diría eu. En principio enumerarei os que coñezo dicindo o seu estado, non descartando unha relación moito máis amplia no futuro, enumerando os seus problemas.( Na foto o río Navea en Chandrexa. Un diamante en bruto.)
Decir de tódolos xeitos que Ourense, que era un paraiso de ríos ata 1980, hoxe vai en picado, os pobos que non depuran, os puríns que van o río, os envelenamentos nos poucos que tiñan troitas están rematando cós ríos da provincia, cando escribo esto no ano 2004.
¿Que quedará nun futuro moi inmediato?. Sinceramente penso que autóctona nada como non sexan os ríos do Invernadoiro. O resto estámolo machacando día sí e día tamén, o parecer sin que nos importe moito...
Realmente sinto pena...
| NOMBRE RÍO | LOCALIDADE | PECULIARIDADES-ESTADO DO RÍO. |
| BARRA | BARRA MIÑO |
|
| BARBANTIÑO | BARBANTES |
En tempos un bo río desde fai dez anos un desastre, por contaminación de vertidos, envelenamentos, etc. Ultimamente estano rehabilitando . Ánimo. É coto sen morte. Está prevista unha minicentral, xusto na fervenza, que xa está feita en decembro de 1998, construe Engasa ( o dia 11-11-98 deixou seco o río.) . Vivir pra ver.. |
| BARBAÑA | OURENSE |
Rio cloaca da cidade de Ourense. Ata fai pouco non se podía nin ver incluso cheiraba mal. Están intentando recuperalo. Veremos como queda. Inda que non o crean en tempos tiña moita troita. |
| BARXA | A GUDIÑA |
Río moi bonito. Troita moi delicada. Poucas troitas. |
| BUBAL | A PEROXA |
Este río transcurre a mayor parte do seu cauce por terras de Lugo, pero tamén fai fronteira con Ourense en moitos dos seus tramos, Peares, A Peroxa, A Barrela (Lugo), etc. |
| CADÓS | BANDE |
En tempos foi un bo río, hoxe moi queimado. Tén prevista unha minicentral, que fará a empresa San Miguel ( adeus río ). . |
| CAMBA | VIANA |
Moi irregular, como tódolos ríos no que o nivel varía a cotío. Inda ten algunha troita. |
| CENZA | VILARIÑO |
Era unha auténtica xoia de río, espectacular, precioso nas súas paisaxes e cun valle glaciar na súa cabeceira, para min único en Galicia. Con moita troita.. Hoxe está desgraciado por un encoro irracional, que afectou moitísimo ó cauce. Non me estraña que o vedaran. Da pena. Non entendo ou si o entendo, como os paisanos se deixan meter estos goles pola escuadra. Algún beneficio sacarán, gustaríame sabelo. Sinceramente o que está debaixo do encoro era o lugar máis bonito da Provincia ( na miña opinión). O río era precioso, mais só queda na lembranza... |
| CERVEIRA | PRADOALBAR |
Algunha troita ten. As beiras están un pouco sucias. Sería recuperable, na miña opinión. |
| CERVES | MELÓN |
Moi castigado en tódolos sentidos. Un rio moi curto e con grandes desniveis, pero recuperable. ( Nova de última hora: fan dúas minicentrais no rio.Por certo os veciños fanlle a cambio unha cafetería e invitaronos a pulpo o día da festa do pobo. Adeus). A minicentral xa está feita. |
| COUSO | VILARIÑO |
A derradeira vez que o pesquei viña moi sucio e penso que tén pouca troita. . |
| DEVA | PUENTEDEVA |
As derradeiras veces que estiven neste río, deume pena. En tempos tiña moita troita. Eso si moi delicada. ( |
| GROU | HERDADIÑA |
Moi castigado, fai uns anos tivo uns vertidos que o atacaron de morte. Penoso. |
| INVERNADERO | INVERNADERO |
O reducto natural da provincia, regatos que se conservan en bon estado xa que estiveron vixiados e vedados todo estos anos. Se non pomos remedio, serán os lugares a onde terán que ir os nosos netos para coñecer como eran as troitas auténticas. A Salmo Trutta fario, estilizada e de pintas vermellas. Unha preciosidade. ( Ver manuais). |
| LONIA | OURENSE |
Desemboca na cidade de Ourense, un pouco por debaixo de Velle. Foi en tempos un río incrible. Hoxe está defenestrado. E un río altamente contaminado polos vertidos. Unha pena. Por certo a súa auga é a que bebemos os ourensáns. Tamén ten unha minicentral construida, que lle afecta bastante. |
| NAVEA | CHANDREXA |
Outro reducto natural de troitas. Un río moi machacado e non polos pescadores, xa que o pescador nunca pesca o alevin é imposible. Machácano os envelenamentos, as baterías que eletrocutan, fai dous anos atopei un cable eléctrico en catro sitios por riba da Ferrería. Unha pena. Hoxe está vedado. Para min é un dos sitios da provincia, con mellor troita e mellor recuperación, outro dos lugares que si se coida, poderán ir os nosos netos a ver algún exemplar de troita. |
| OLELAS | ENTRIMO |
Río incrible, hoxe machacado nun bo tramo polo encoro de Lindoso. Tardará en recuperarse, máximo cando está prevista unha minicentral, que fará ( como non) Hidroeléctrica SanMiguel. Esta empresa está a cubrir de mortos a Provincia. |
| MAQUIANES | RIBADAVIA |
Un auténtico viveiro do Avia en tempos. Fai uns anos que é unha auténtica cloaca, dende Carballeda. Non sei como estará hoxe, mais imaxínome que perdido. Unha pena. Era un río con magníficos exemplares de troita. |
| MAO | MONTEDERRAMO |
Un río con moita troita, pero bastante contaminado, os vertidos en Montederramo seguen sen solucionarse. Unha pena. É un río que enseguida se enche de arrabazas debido ó anterior. De tódolos xeitos é incrible, dado que sempre ten moita troita. |
| MENTE | A GUDIÑA |
Un magnífico río, pero moi castigado. Pouca troita. |
| ORILLE | CELANOVA |
Unha marabilla en tempos. Hoxe un desastre en vida. Inda que trátano de recuperar. O mal que fixeron os vertidos será difícil de recuperar. Hoxe está vedado. . |
| OUTEIRO | BARCIA-RIB. |
Imaxínome que hoxe estará esquilmado e prácticamente sen vida. En tempos foi un auténtico viveiro para os pescadores de Ribadavia, lémbrome de Manuel Portela, Braulio, Pedro e Xerardo Alvarez, inchábanse a coller troitas , sobre todo o Portela, a veces pasaba das 50 ou 60 troitas ( de medida), pescando cunha soa mosca o tralleo e como el decía, e era certo , cada ano tiña máis. Troita exquisita. A última vez que estíven por alí estaba de pena. Insisto, xa que o vivín o pescador auténtico non remata coa pesca. Hoxe está prevista unha minicentral, que fará Engasa, a empresa que fixo a do Barbantiño ( adeus río ). |
| PENTES | A GUDIÑA |
Sitio precioso, onde se xuntan tres rios.Últimamente moi esquilmado e sucio. En Galicia tíranse moitas cousas o río. |
| SALAS | RANDIN |
Certifico que este río era incrible, cheo de troitas e peixes, era una auténtica plaga, no bo sentido. Hoxe está moi afectado polo encoro de Salas, pero non é o que era. Os lugares por onde pescaba, entraba pola Malonga ata os pozo do Boticario, etc...Toda a Veiga de Calvos dende a ponte da estrada a Randín , preto da hermita de San Antonio, ata o lugar citado do Pozo do Boticario...unha maravilla que queda na lembranza, miña e dos nenos e xentes de Randín...hoxe está baixo as aguas...de outro encoro irracional e non necesario... Os encoros rematan con todo, a troita quere augas batidas e son moi poucas as que sobreviven, de cando en vez dará algún exemplar e pare Vd. de contar, logo desovan no río, pero o río quedouselles corto e teñen moitos depredadores. Un desastre. A misma teoría pódese aplicar o encoro de Lindoso. Tamén está prevista unha minicentral. |
| TUÑO | CELANOVA |
|
Escribe
sobre o teu
río.
Volver.