O MIÑO : CHEO DE VIDA (En tempos)
|
Venme á memoria un feito histórico relacionado có río Miño e outros ríos galegos. Cando se construiu a liña férrea Madrid-Galicia, traballábase en lugares incribles, algúns moi preto dos ríos. É curioso que nunha ocasión, houbo unha protesta dos trabajadores dado que estaban cansados de xantar salmón. Incrible pero certo. O evidente é que o Salmón subía ata no fai moito pola conca de varios ríos entre eles o Miño. Lémbrome cando era neno, na cidade de Ourense que houbo una crecida moi grande. Aínda non estaba construido o encoro de Frieira nin o de Castrelo, pois ben, cando baixaron as augas na piscina do Complexo deportivo de Oira, en plena cidade de Ourense, quedou retido un salmón.
O anterior amosa a riqueza que tiña o Miño, ata non fai moito. Lémbrome a ver na Praza de Abastos de Ourense, vender anguías, troitas, lampreas. Por certo era famosa a empanada de anguías.
Sin lugar a dúbidas o Miño era unha despensa chea de vida. Hoxe en dia apenas ten anguías, dado que non poden subir polos encoros, xa que non ten escalas de ningún tipo. As troitas cada día van a menos, hai moitos peixes e tamén os famosos Blac-black, seica un entendido de Medio Ambiente fixo unha repobración con esta especie no encoro de Castrelo, hoxe é abundantisimo e remata coas troitas. |