Situación dos ríos de Ourense.   Río Miño o seu paso por Ourense. Foto sacada da revista Auria.
A vida nos ríos:
triangulo.gif (115 bytes)A vida nos ríos.  
triangulo.gif (115 bytes)Ríos y poetas.
Grandes ríos de Ourense:
Pequenos ríos:
triangulo.gif (115 bytes) Pequenos ríos.
Pescando troitas:
triangulo.gif (115 bytes) Coutos de pesca.
Mapa dos ríos:
triangulo.gif (115 bytes) Mapa dos ríos.
SOS polo Salmón:
triangulo.gif (115 bytes) R.I.P. ó  salmón 
triangulo.gif (115 bytes) Salmón  y Kw. 
triangulo.gif (115 bytes) Franco e o salmón. 
triangulo.gif (115 bytes) Salmón 2002. 
SOS polo anguía:
triangulo.gif (115 bytes) R.I.P. a  anguía. 

 

 

             Esta páxina naceu no ano 1997 e estamos no 2007. Fai xustamente dez anos.  

             Nestes anos puden comprobar que en xeral a situación dos grandes ríos ourensáns, que son os citados ó marxen, é penosa. Pasamos de ser nos últimos trinta anos , a provincia cos mellores ríos probablemente de España, a ter unhos ríos francamente contaminados e cada vez con menos vida. Por si fora pouco encheron os ríos de  minicentrais tercermundistas, que deixan os ríos mal, moi mal.. Algunhas asociacións  pronostican que en cinco anos non haberá troita autóctona na maioría dos ríos de Ourense e non lles falta razón, si non tomamos medidas.

         O río Miño en Ourense está convertido nunha pocilga,  aguantamos todo o que nos ven de media Galicia e inda por riba engadimos as cloacas do Lonia e Barbaña, aparte de Ourense, que por depurar pouco depuramos... 

         O río Barbaña, que pasa por Ourense, non é un río é unha cloaca. A gran asignatura pendente. Algo se está facendo pero inda queda moito por facer. Informe sobre o río Barbaña. (04/04/2005).

        O mismo se pode decir do río Lonia, outro dos ríos de Ourense ciudade. Outra cloaca...

        Por contra ¿ que fixeron as Consellerías de Medio Ambente ata fai pouco en Galicia: as súas actuacións de cara os ríos limítouse a facer catro sendeiros, algunha aula da natureza, cortar árbores, empedrar algunhos ríos, encauzar con muros a outros e pouco máis. Nada de nada do que se entende hoxe por depurar e conservar un río e unhas augas. O exemplo claro é Ourense. Uns paseos marabillosos, aulas da natureza e un longo etc. pero un río que é lastimoso e unha depuradora que tal como entra a merda sae ou pouco menos...Para chorar.

    Fai falta XA (esto xa o escribía en 1997) unha acción integral nos ríos galegos: de vixilancia, de vedas, de limpezas, de conservación, de depuración das augas residuais e desagües de granxas, de mentalización, de establecimiento de piscifactorías naturais nas cabeceiras dos ríos , de eliminación de obstáculos para o desove, etc. 

    As razóns da contaminación  son moitas e variadas...    Resulta incomprensible e paradóxico  que se trate de potenciar o turismo e non se empeze por limpiar os ríos a base do que podría se-la riqueza real desta provincia.

         Depúrase pouco na provincia. Prácticamente no hai depuradoras e as que se montaron ou non funcionan ou son deficitarias. Un desastre. Non entendo como os nosos Concellos gastan alegremente o diñeiro que hai e tamén o que ven de Europa, pero nunca en saneamento dos ríos...salvo honrosas excepcións...

   Para rematar: o tema do salmón atlántico, o deixalo morrer en Galicia, o feito de que xa non exista en Ourense, non ten perdón.