30-05-99

¿QUE    TEN   A    PESCA   DA   TROITA?

"Unha afección marabillosa..."

Portada do libro ¡  Se están cebando ! de Luis Quesada. Editorial Ríos de Tinta.

Troita de librea sensacional. Troita autóctona dos ríos das montañas altas de Ourense.

         Fai uns días, a finais de maio de  1999, no foro "A pesca da troita en Ourense" un internauta fíxome a seguinte pregunta ¿que ten de particular o feito de pescar a troita?.

    A pregunta no é fácil de contestar. A continuación escribo exactamente o que lle contestei:

 

 

A pesca da troita leva os pescadores a lugares marabillosos. Río Arenteiro -Carballiño-Ourense

Río Cerves. Ourense. Pozas de Melón, un lugar fora de serie.

Estimado amigo :

      A pregunta é difícil de contestar, pero a pesares do reto vou facelo,  inda que pode que non chegues a comprender as razóns que seguen.

     En principio é un exercicio  físico moi san,  os ríos e regatos  onde se práctica este deporte están situados en medio de paisaxes, indiscutiblemente marabillosas.

Río Arnoia. Allariz. Ourense.

 

A pesca é un exercicio físico marabilloso. Luis Quesada. Libro ¡ Se están Cebando !                       Río Navea (Ourense) Foto do autor de la www.
 

      É un exercicio ó aire libre que engloba : o excursionismo, a marcha, a gimnasia, o camping, etc. Esixe por soposto unhas cualidades físicas grandes  e tamén morais, aparte dunhos coñecementos imprescindibles.

 

 

Luis Quesada. Libro ¡ Se están cebando !. Hai que ter moi boas cualidades físicas e técnicas para pescar troitas.              Ferbenza do río Barbantiño. Ourense. Foto do autor.  
 

     En canto ás primeras son obvias e en canto ás segundas o pescador debe ser sobrio e respetar os regulamentos e por suposto o entorno. A educación, a cortesía e o  compañerismo deben estar presentes.  Inda que pareza unha  contradicción: o pescador debe ser un amante da natureza.

 

 

O pescador debe ser un amante da natureza. Libro de Luis Quesada.                 A pesca é algo sensacional e marabilloso. O luscofusco é un dos mellores momentos do día.
 

      Particularmente a pesca prodúceme recollemento,  borracheira de aire puro e ledicia de vivir. Produce alegrías inmensas, como poden producir outros deportes. De feito a pesca da troita leva implícito varios encantos: as preparacións da véspera,  a revisión  do material ó día seguinte,  as partidas ó amañecer, o contacto có  río,  o seu son, os amigos, a astuta loita que se libra ese día,  a ledicia das capturas,  as desilusións,  os imprevistos, as charlas posteriores, as comidas a carón do río (calquera cousa sabe moitísimo), os soños cando inda non está aberta a tempoada de pesca ," Cando o tempo non é tempo non pasa o tempo", etc.

 

 

 
Ríos do Caurel. Marabillosos. Río Pedro. Zamora. Fotografía do autor da www.
 

       É un deporte engaiolante ata tal punto que para algúns é unha gran pasión. Actualmente prácticase, cada vez máis,  a pesca sin morte, que consiste en devolver a troita ó río, tratando de non facerlle dano; pesca que xa ten moitos afecionados.

 

 

Cartel de "Ríos para a vida". O pescador debe amar a natureza, respetala e loitar porque se respete.              Río Navea. Ourense.

 

As veces a pesca depara estas troitas dunha librea que parecen xoias auténticas. Rio Cenza. Vilariño de Conso. Ourense.

 

 

        Ó final o que che queda: como decía J. Agut nun libro "La pesca de la trucha"   en 1970  "Igual que una hermosa hada, que encanta y seduce por sus hechizos, la pesca de la trucha, para todo el que la vive de cerca o de lejos, ejerce un atractivo incomparable,  y de tal modo cautivador, que muchos de sus adeptos hacen de ella su solo amor y le permanecen fieles para siempre".  Sei que o anterior é difícil de comprender pero ocurre moitas veces.

 

       Norman McLean no seu libro "O río da vida", libro que deu lugar a unha marabillosa película en 1992,  do mismo nome,  conta que un reverendo falando os seus fillos da pesca da troita decía  que "...non sei si é máis importante na miña vida a relixión ou a pesca da troita con mosca...". Sin dúbida haberá que pensar as razóns tan importantes que tiña este reverendo para pensar, estando no seu san xuízo, deste xeito.

Cantas veces teño soñado con pescar estas correntes...canta troitiñas me deron e cantas satisfacións.

         Decía o meu amigo Xosé Benito Reza, nun artigo falando do inicio da tempada de pesca  "Se vostede non é pescador, perda coidado, que como un día o leven a un río e colla unha troita pasará a incorporarse á nosa abondosa e feliz familia polo que lle resta de vida. Un meu tío, que en paz descanse, díxome un día con ollos brillantes: " Só sinto ter comenzado tan tarde nesta arte da pesca, cáseque con cincuenta anos; só pido que, xa teña que ir pro ceo ou pros infernos, haxa alí, cando menos, un río ".

 

 
Alberto Prego un gran amigo, cunha troita espectacular. 5 kg. Troita autóctona. Río Arnoia. Ourense. O autor da www. Troita  de 1,6 kg. Río Limia. Aceredo. Troita pescada con mosquito. ¡Tempos aqueles!. 1970-1980
 

      Gustaríame achegarche máis datos,  pero repito,  a túa pregunta é moi difícil de contestar, a pesar de todo vou citar algunhas  frases máis: Miguel Delibes,  un gran escritor e pescador español no seu libro "Mis amigas las truchas", no prólogo dinos "...Queda por aclarar la razón del título. Durante un tiempo dudé entre varios pero, finalmente, opté por éste en homenaje a estos peces que me han proporcionado ratos y emociones muy vivos. Lógicamente las truchas no compartirán mi punto de vista, esto es, es muy posible que mi inclinación amistosa no sea correspondida. La cosa es lógica. En el juego ellas arriesgan más que yo. Se trata, por tanto , de una amistad unilateral pero el libro lo he escrito yo y no ellas y, consecuentemente, hablo desde mi personal experiencia".

 

 

O autor da www co seu compañeiro de pesca de toda a vida: Félix Valeiras.

A pesca crea amistades para toda a vida.

Ferbenza do Barbantiño.

Fervenza do río Barbantiño en Ourense. Sensacional.

 

O que se coñece ámase. O que se ama non se lle fai daño. Cuidase. Conservar a natureza e outro dos deberes ineludibles dun bon pescador.

A pesca faite coñecer estas marabillas e pola tanto amalas.

         Para rematar, non me resisto a citar a outro pescador Juan José Moralejo Alvarez, cadeirádego da Universidade de Santiago, quen no seu libro "Guía pra pilla-las troitas, miñas señoras",  dice " Bos pescadores ainos; bos escritores tamén.  Pero para atopáresde un home tan "amante da pesca e das troitas" e tan namorado dos ríos coma eu,  tendes que buscar moito, e non sei si con pouco ou ningún éxito".

Caricatura do autor da www. De pesca? no río Arnoia.

Pois ben amigo,  o autor desta páxina web é un deses homes...

Coido  haber contestado a túa pregunta ¿qué ten a pesca da troita? .

A pesca da troita, está claro, é para mín unha afección marabillosa.

 

Recibe unha aperta do teu amigo:

Secundino Lorenzo Fernández

O autor da www. Un enamorado da pesca e dos ríos de Ourense.

Ourense.

 

 

                                salir.jpg (922 bytes)   Volver a pescando a troita