Ourense cidade: tres ríos, trinta vertidos

Fotografía do río Miño en Ourense. Pola marxen esquerda recibe xunto a Ponte do Milenio o río Barbaña e ó fondo, en plena curva do río recibe ó río Lonia, tamén pola esquerda. Realmente temos que cuidar máis o noso patrimonio natural...

Agora a día 27 e 29 de setembro do 2006, o diario La Región de Ourense publica que os nosos ríos Miño, Lonia e Barbaña están feitos unhas auténticas cloacas. Falan de 30 vertidos e na miña opinión quédanse cortos.

Dende 1997 esta páxina www ven denunciando de tódolos xeitos posibles estos desastres. A broma de Ourense; a gran asignatura pendente dos nosos gobernantes, que no tocante as augas dos ríos de Ourense non contan máis que mentiras.

É certo, non vou a negalo que temos en Ourense ciudade uns paseos marabillosos. É verdade. Pero tamén hai que decir que si miramos os ríos que están o lado da noxo e auténtica repugnancia.

A min persoalmente dame tamén vergoña. Considérome enganado totalmente...

O de sempre, que si a culpa a ten o Concello, que si a ten á Confederación Hidrográfica, e a casa sin arranxar.

Das multas por contaminar, mellor non falar, ridículas e poucas: un dato, dos  73.000 € recaudadas nun ano para 104 expedientes (40,751 son delitos por augas residuais o que sae unha media de 1.198 €), son pola contaminación ó Miño e o Sil en toda a provincia. Realmente esto leva a seguir cometendo o delito, xa que as multas compensan (dende o punto de vista do que comete o delito que xa sabemos que lle ten sin cuidado a natureza, o río e todo o que non sexa seu, sinon nono faría...).

Seamos optimistas para o futuro. Hoxe é para chorar.

Río Barbaña, xaneiro do 2006. Pestilento. Da noxo. ¿acaso non?

                                                  

Río Miño na Chabasqueira o 17 de febreiro do 2006.

Cada pouco as rochas do río Miño por Reza aparecen desta forma. Cheas dunha especie de chapapote que eu penso é aceite de engrasar turbinas ou algo así...

Río Barbaña. Unha pocilga. As aguas fecais siguen chegando o río Miño. De vez en cando chega de todo,  dende gasoil a tope dun escape da empresa Carrefour, non fai moito, ata a pouca depuración do Polígono Barreiros. Unha desfeita.

O Barbaña iba a sanearse no  2000. Algún dirixente dixo que habería ata salmóns. Máis de mil millóns das antiguas pesetas para elo. Hai moito feito, pero de momento de saneamento mentiras. (Por certo o 85% con fondos europeos).

Algúns colectivos ecoloxistas como Verdegaia están pedindo un Gabinete Auditor para investigar onde se meten os cartos que veñen para limpeza de cauces, depuración de augas, etc.  e logo se usan para facer paseos e outras cousas.

Unha boa medida.

Informe sobre o río Barbaña. 2004.

Río Lonia. Outra pocilga. A súas augas tamén fecais desembocan directamente ó río Miño.

Río Lonia outra pocilga nos últimos años. Realmente no se fixo nada.neste río.

O río Miño recibe de todo en Ourense. Desembocadura do Barbaña.

El río Miño en Ourense, mal moi mal.

Río Miño por debaixo da Ponte do  Milenio.

¿Cando os nosos políticos deixaran de facer demagoxia có saneamento dos nosos ríos e poderán afirmar que realmente os ríos de Ourense cidade están saneados?

Seguro que no ano 2007.

Son as eleccións o Concello...

 

Parque Barbaña en Ourense ciudade. Pleno centro.

Recuperar un río no é soio facer  sendeiros, cortar de calquera xeito árbores, etc. É básicamente sanear as súas augas, recuperar as súas ribeiras, estudiar a súa parte lúdica e tamén a súa parte educativa.

 

Corta indiscriminada de árbores na marxen esquerda do río Miño en Ourense. Neste caso foron amieiros, pero caeron choupos, freixas e lodoeiros  a mazo. Tampoco é eso. A fotografía é do 2003.

 

 Pouco, moi pouco, se ten feito en Ourense coas bases anteriores.

Xa vai sendo hora...

 

Fotografía sacada da Revista Auria de caixa Ourense.

¡Os ourensáns queremos uns ríos saneados!

¡Xa está ben de engaños!

salir.jpg (1925 bytes) Saír