ÚLTIMOS DATOS INCORPORADOS A LA WWW.
|
14-06-2008
|
|
|
FOTOGRAFIAS INCORPORADAS |
Artículos: ÚLTIMOS DATOS INCORPORADOS Á WWW.
|
Comentario xeral dunha década desta páxina web: 1997 a 2007.
|
|
Unión Fenosa pretende construír novos encoros no Ulla, no Lérez e
no Miño
COGADER celebrou o "Enterro da troita"
[26/02/2004 14:35]
A Coordenadora Galega para a Defensa dos Ríos (COGADER)organizou un
"Enterro da troita" no mércores de cinsa para denunciar
os custos ambientais e sociais que conleva o intenso aproveitamento
hidroeléctrico dos ríos do noso país. O enterro comezou na
compostelá Praza do Obradoiro e rematou diante das oficinas de Unión
Fenosa en Santiago.
Unión Fenosa, que xa explota numerosos encoros
hidroeléctricos na nosa terra, pretende construír aínda máis
presas cun elevado impacto ambiental, utilizando concesións obtidas
durante a ditadura franquista. É o caso dos 7 encoros proxectados
na bacía do Ulla, dos 3 que pretende construír no río Lérez e
dos 3 no tramo galego-portugués do Miño que promove xunto con
Electricidade de Portugal (EDP).
COGADER - coordenadora formada por formada por diversas organizacións ecoloxistas, veciñais, sindicais, de pescadores,etc- organizou o enterro da troita para dar a coñecer á opinión pública o grave problema que están a sufrir os ríos de Galiza por causa do seu aproveitamento hidroeléctrico desmedido e concretamente contra a construción de encoros no río Ulla. COGADER informou que en Alemaña e en Suecia existen senllas moratorias para a construción de encoros e que en estados como Franza, Estados Unidos e o Reino Unido desmanteláronse xa máis de 500 presas co obxectivo de formentar o desenvolvemento rural, turístico e ambiental. En Asturias , o seu Parlamento, co apoio do PP, demandou a paralización da construción de novos encoros. COGADER acha que os Planos Hidrolóxico e o Plano Hidroeléctrico de Galiza-Costa son incompatíbeis co principio de desenvolvemento sostíbel. COGADER é unha das organizacións que promoven a campaña "Sobran presas. Faltan ríos vivos. Sobran watios". |