Fotografías do río Miño:

Ourense-Castrelo de Miño.

Fotógrafo:  Secundino Lorenzo.

Fotografía,  dende o Seminario Maior de Ourense, das pontes mais importantes de Ourense cidade.

En primeiro lugar a Ponte Novísima, logo a Ponte do Milenio, sigue a Ponte Vella, una pasarela que desdice totalmente, logo a Ponte Nova ou Ponte de Ferro e a máis alta a Ponte do Viaducto do Ferrocarril.  A fotografía é do autor da web e debe ser do ano 2002.

Comenzarei no encoro de Velle:

Encoro de Velle na misma cidade de Ourense, unha presa pequena 17 Hm3 e de 82,94 Mw. de prod. eléctrica. É de Gas Natural Fenosa e foi feita entre 1962 e 1966.

Afectou moitísimo o río Miño en Ourense e inda afecta. Non entendo como as autoridades e o pueblo de Ourense deixou facer esta presa.

O río Miño non é o mismo da miña xuventude, onde se podía un  bañar, sempre con precaución, dende Oira ata a Ponte Vella. Hoxe é un río distinto. Ourense e parte das súas termas están en mans desta presa que ó turbinar anega moitas veces as termas da Chavasqueira,  as do Muíño da Veiga e as de Termas de Outariz.

Nesta fotografía pode verse como a Presa de Velle está xusto a carón das Piscinas de Oira;  nos meus tempos a praia fluvial de Ourense. Tiña un bar no medio do río e moitos ourensán baixávamos polo río dende Oira ata a praia da Antena, xunto a Ponte Vella.

Río Miño preto de Oira, por debaixo do encoro de Velle. A fotografía está sacada dende a Pasarela que se fixo para pechar un circuito ó redor do río Miño, de casi 15 km. de lonxitude.

A esquerda un muiño de acea e outra pasarela que se fixo para salvar o río Loña que desemboca nese lugar. Nesas escalinatas, que se ven,  recóllese a auga que utiliza a cidade de Ourense.

Nesta fotografía, sacada en febreiro de 2018, vese a pasarela que pecha o circuito de andaina do río Miño en Ourense; ó fondo a presa de Velle e a dereita o edificio onde están as máquinas que sacan a auga do río Miño para abastecer a Ourense ciudade. O dibuxo do edificio  parece que anima os pescadores de "cola de rata" a pescar nesa zona. Efectivamente en tempos había  salmóns, reos, troitas, sábalos, sábogas, anguías e outros tipos de peixes...Hoxe pode entrar algunha troita, pero hai moi poucas, os demais xa non existen, os encoros de Castrelo e Frieira impiden, de forma ilegal, subir a estes peixes...

Pasarela sobre o río Loña, que desemboca neste lugar pola esquerda no río Miño. Esta pasarela forma parte dun recorrido de casi 15 km. ó redor do río Miño.

Pasarela que se fixo por debaixo do encoro de Velle, para salvar ó río Miño e pechar o recorrido circular, xunto coa pasarela de Outariz, de 15 km.

Esta fotografía é do ano 2014, e o río Miño iba cheo.

 

Na fotografía a Ponte do Viaducto do ferrocarril. Foi inaugurada en 1957, xunto coa estación Ourense-Empalme. Esta ponte permitiu chegar a Ourense cidade por ferrocarril cruzando o río Miño; antes o ferrocarril viña de Vigo e seguía cara a Monforte. Rematouse o tramo Puebla de Sanabria -Ourense da liña Zamora-Vigo (xa era hora...).

O primeiro proxecto da Ponte foi redactado polo enxeñeiro José Luis Tovar Bisbal entre 1933 e 1943. A obra rematouse no ano 1948 xunto coa estación actual, e non se inaugurou ata 1957.

Ten nada menos que tres arcos-bóvedas centrais e once laterais, seis nas Lagoas e cinco na outra ribeira. Os arcos centrais teñen unha luz de 62 m. e uns 60 m de altura. O viaducto ten 400 m. de largo.

Por certo é toda ela de formigón.

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

 

Na fotografía a "Ponte Nova". Foi fundamental para Ourense. Sirviu para unir a estación de Ferrocarril e o Parque de San Lázaro.

A Ponte comenzou a facerse en 1911 baixo a dirección de Martín Díaz de la Banda, se ben non se rematará ata os inicios de verán de 1918, baixo a dirección de Miguel Fdez. Garcia. Cumple polo tanto 100 anos no 2018.

Está formada por seis arcos de medio punto de sillería e un de "ferro" feito nos "Talleres de Zorroza" de Bilbao, cunha luz de 74 m.

Tamén se chama "Ponte de Ferro".

Os sillares de granito de Outariz foron cuidadosamente labrados por canteiros pontevedreses de Cotobade, incluindo un friso de palmetas modernistas e unhas composición con elementos profesionais propios dos Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos; a áncora, a ponte e as ramas de palma e de carballo. As farolas eran da fundición madrileña de Talleres Iglesias.

Seica o efecto desta ponte foi básico para a cidade xa que permitiu estirala cara o norte, contribuindo a crear o actual centro agrandado coa rúa Curros Enríquez e potenciando máis a contorna do Parque de San Lázaro.

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

Fotografía na "Ponte Vella" ou en castelán "Puente Viejo", tamén chamada "Ponte Maior", ou mal chamada Ponte Romana; en realidade é Ponte Romana-Medieval. Fotografía do autor da web anterior ó ano 2000. Hoxe xa non ten este alumbrado e ten outro aspecto.

Ponte Vella ou Ponte Maior. Monumento Histórico dende 1961.

Esta ponte empezou sendo romana no século I, con 10 arcos. Rematou sendo romana-medieval de 208,3 m., entre estribos,  de lonxitude e sete arcos. A súa historia téndela neste link que dedico as Pontes Romanas do río Miño.

Decir simplemente que por aquí pasaba a estrada Nacional de Villacastín a Vigo, a  N-625. Deixaron de pasar automóviles dende  o ano 1989, no que pasou a ser peatonal.

Fotografía de 2014

Fotografía da Ponte Vella sacada en xaneiro de 2018. Observar que xa non ten, foi retirado,  o conducto que levaba as augas fecais da Ponte a depuradora de Ourense, e tamén foi cambiado o alumbrado, xa non aparecen as farolas.

Fotografía actual da Ponte Maior de Ourense, xa coa remodelación feita no 2016, que foi de limpeza e de cambio de alumbrado. O nome de "Ponte Vella"  venlle dende 1918 que se inaugurou a "Ponte Nova".

O arco central ten unha luz de 38,20 m., según Juan Carlos Rivas (Juan Andrés Hervella fala de 43,7 m). A altura do arco é de 39 m. No link xa citado hai mais fotografías desta ponte,  orgullo dos ourensáns. A pila da dereita, do arco central,  a pila que se ve na fotografía,  sempre foi o problema desta ponte, xa que nunca estuvo ben asentado. Estas e outras cousas están, repito, no link citado.

Fotografía da "Ponte do Milenio". Esta ponte foi inaugurada no ano 2001. A fotografía é do 2002. Buscaba unha conexión entre o Campo dos Remedios e a Circunvalación Oeste. O arquitecto foi Álvaro Varela e toda a súa historia, con fotografías e comentarios esta recollida nesta web, do que escribe. A web figura dentro do  Caixon de Sastre dedicado ó río Miño.

Outra fotografía da Ponte do Milenio vista río arriba. Ó fondo a Ponte Vella.

Fotografía sacada polo autor da web nas Festas do Corpus do ano 2002.

 

Outra fotografía do río Miño coa Ponte do Milenio. Está sacada na chea do 2014 que quedou simplemente nesto. O espectáculo dende esta ponte, sobretodo dende a pasarela,  é incrible, da a sensación de que casi toca ó río.

Fotografía da "Ponte do Ribeiriño" ou "Ponte Novísima" , rematada en 1966 entrou en funcionamento en 1971. Está ponte veu a resolver unha das entradas a cidade de Ourense, xa que está conectada polos Accesos de Galicia; é unha conexión oeste da Nacional N-525 Vigo-Madrid. Tamén conecta cunha entrada por Eiravedras coa autovía Rías Baixas.

Ten 240 m. de lonxitude,  e dous arcos-bóvedas de formigón paralelos de 60 m. de Luz. Nos laterais conta con oito vans, seis na zona do Couto e dous na Cavasqueiura.

Fonte deste texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

No seu día estaba xustificado o nome de Ponte Novísima. A primeira ponte sobre o río Miño foi a Romana - Medieval,  logo a Ponte Nova ( a de "Ferro"), logo o Viaducto  e despois esta. 

 

Esta fotografía mostra en primeiro término a Poza e a Acea da Veiga, e o fondo a Pasarela de Outariz. Esta pasarela forma parte do recorrido sensacional que hai en Ourense o redor do río Miño. 15 km. fantásticos onde por certo hai as famosas termas do Miño. Estas termas teñen un apartado especial neste recorrido polo noso pai Miño e dentro desta páxina web.

Aqui remato as pontes de Ourense, que son as vistas máis dúas que sirven para incorporarse dende a autovia Rías Baixas, por Eirasvedras, vindo de Vigo,  e outra que une a estrada que ven de Monforte , a N-120,  e o Barrio do Vinteun e a  antigua estrada a Santiago.

Acea de Untes.

Acea por debaixo de Outariz. Ata esta zona chega a cola do encoro de Castrelo de Miño.

Outra Acea (muíños do río Miño) no río Miño, neste caso a altura de Untes. Enfrente a Freixendo. Nesta zona do río Miño había moitas aceas, hoxe en estado ruinoso.

Outra fotografía do río Miño. Ponte da autopista que conecta a Autovia "Rías Baixas" e Santiago de Compostela. A esquerda Santa Cruz de Arrabaldo. A fotografía está sacada dende  o pueblo  de Ourantes.

Vista do río Miño dende Puga. 2017.

Fotografía do río Miño enfrente o Balneario de Laias; a dereita Puga.

Outra fotografía do río Miño. Meandro de Xubin.

Outra fotografía do río Miño, preto do encoro de Castrelo de Miño. Enfrente o pueblo de  Barral. Hoxe no Ribeiro, vense estas fincas ben traballadas; neste caso as de Colección Costeira.

Castrelo de Miño e San Paio dende a Finca de Colección Costeira, que é da Cooperativa do Ribeiro. O río Miño aquí está encorado pola Presa de Castrelo. A cola do encoro chega por riba de Untes.

 

 

        Volver á río Miño                     Volver a  río Miño